ALCALDÍA

Entrega de diplomas aos participantes nas "Aulas do Camiño"

14/07/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deulle a benvida a Santiago aos vinte participantes nas "Aulas do Camiño", organizadas pola Facultade de Humanidades de Ferrol.

Os participantes recibiron os seus diplomas na penúltima xornada deste proxecto de cultural e de investigación, que se desenvolve dende o 3 de xullo. No mesmo, estudaron as culturas dos territorios polos que pasan as rutas xacobeas. O curso clausurarase o martes 15 de xullo cun recital poético no faro de Fisterra.

Ademais do alcalde, participaron no acto os concelleiros de Xuventude e Persoal, Xosé Baqueiro e Rosa Fernández; a tenenta de alcalde ferrolá, Yolanda Díaz; o profesor Xosé Leira e a coordinadora do proxecto, Rosa Méndez.

Compartir: