EDUCACIÓN

Cen mozos comparten os valores do Camiño de Santiago como rota de encontro

04/07/2008 A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, acompañada doutros membros da Corporación recibiu en Raxoi aos cen mozos de Aragón, Burgos, Valladolid, León e A Rioxa que participan no "Camiño de Encontro", unha viaxe pola ruta xacobea organizada por Caja Laboral.

A expedición chegou a Santiago despois de dez días nos que compartiron amizade e coñecementos en torno ao Camiño. Esta é a segunda edición na que esta singular marcha chega ata Compostela.

Compartir: