MERCADOS

Bufóns, artesáns e animación na Compostela máis medieval

03/07/2008 O Mercado Medieval abriu as súas portas nas rúas e prazas da cidade histórica. Ata o domingo 6 de xullo, os bufóns, os artesáns ou os mercadores serán algúns dos personaxes que recrearan a Compostela máis medieval, nunhas xornadas chegas de actividades propias ou evocadoras da época.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, non quixo perderse esta cita coa historia e fixo un percorrido polo Mercado Medieval a penas media hora despois da súa apertura, acompañado polo concelleiro de Mercados, Carlos Nieves. Así tivo ocasión de botar unha ollada aos distintos postos, distribuídos ao longo destas rúas e prazas: praza da Cervantes, Azabachería, rúa da Troia, fonte de San Miguel, praza de San Miguel, praza da Inmaculada, praza da Quintana e rúa Vía Sacra.

Na súa visita, Sánchez Bugallo apuntou o seu desexo de que o Mercado Medieval sirva para "contribuír a dinamizar o Casco Histórico antes do Apóstolo". "É un atractivo máis para o turismo", engadiu.

Pola súa parte, o director de Factoría de Sueños, a empresa encargada da organización do Mercados, resaltou o emprazamento do Casco Histórico de Santiago como "o mellor para facer un Mercado Medieval". Destacou as 350 persoas que traballan no evento.

O programa para os catro días inclúe actividades diversas e para todos os públicos paralelas ao Mercado, que abrirá cada día ás 11:00 horas. Así, para a xornada do xoves 3 estaba prevista música a música de catacumbas itinerante a cargo da compañía Mazmorra, exhibicións de cetrería, bufóns e malabaristas ou a chegada de cabaleiros ao mercado, ademais dun espectáculo de lume denominado "A forza do mal".

Algunhas destas actividades repetiranse na xornada seguinte, e incorporaranse outras coma un percorrido musical a cargo da compañía Turdión; teatro de rúa coa obra "A lavandeira e os borrachos" e con "A bruxa e o seu séquito do mal", a cargo da compañía Medieval Castle; algarabía de bufóns; un paseo dos reis polos mercado; deleite de gaita na Taberna Galaica; conta contos "A princesa triste", da compañía Furdiel; e un novo espectáculo de lume, neste caso chamado "Os seres da noite".

O sábado cinco, gardiáns, cabaleiros e escudeiros poñerán orde no mercado pola mañá e, antes do xantar, haberá un encontro da garda cos esmoleiros. Pola tarde, música, cegado dos mercadores árabes ao mercado e máis conta contos, teatro e espectáculos de lume.

Na última xornada, o domingo 6, as marionetas revoarán polo mercado e os reis comentarán os seus problemas coa plebe. Pola tarde, bailes das curmás do rei e as campesiñas aproveitarán para realizar as súas compras no mercado. Uns seres estraños invadirán as rúas pouco antes dun gran pasarrúas de lume co que se clausurará o mercado.

Documentos relacionados



Compartir: