TRANSPORTES

O luns 12 os autobuses urbanos funcionarán co novo horario de inverno

09/09/2005 O concelleiro de Transportes, Xaquín Leiceaga, anunciou que non hai moitos cambious nin se introduciron modificacións arbitrarias porque podería afectar ao uso e porque, actulamente, está aberto o proceso de elección da empresa pública que levará este servizo.

Entre as medidas tomadas nestes novos horarios que a liña 5 (Polígono de Vite – Estación de autobuses – Conxo – A Rocha) pasará de ter unha frecuencia de 20 minutos a ter unha frecuencia de 16 minutos, grazas á incorporación dun novo autobús; ademais, aumentáronse e adecuáronse as prolongacións ao barrio de Vite de Arriba.

Ademais, a liña C6 prolongará o seu percorrido ata o mercado de Amio, atendendo así as relacións de mobilidade xurdidas polos novos centros comerciais do polígono Costa Vella. Por último, a liña 9 (Viso – Fontiñas – A Rosa) pasará a ser unha liña circular que sairá dende o Multiusos Fontes do Sar pasando por Fontiñas, Rosario e Bonaval, Virxe da Cerca, praza de Galicia, A Rosa, Avda. de Lugo para rematar en Viso de novo.

Co obxectivo de informar aos cidadáns dos novos horarios, editáronse 25.000 folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios a partir do luns día 12 de setembro nos propios autobuses, na oficina de información da Praza de Galicia, na Oficina de Atención ao Cidadán, na Estación de Autobuses e nos hospitais...).

Documentos relacionados



Compartir: