EDUCACIÓN

O alcalde confirma que o Instituto Politécnico de Conxo manterá o bacharelato para adultos

01/07/2008 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, mantivo unha xuntanza coa Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, na que se trataron diversos temas do seu departamento en relación con Santiago de Compostela.

Nesta xuntanza acordouse manter o bacharelato para adultos no Instituto Politécnico de Conxo en horario nocturno, tal e como se viña prestando ata a actualidade. Ese acordo quedará plasmado na circular que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria emitirá en vindeiras semanas.

Entre outras cuestións de orde administrativa, acordouse fixar unha nova reunión dos tres mandatarios para a próxima quincena na que se seguirán tratando os temas de Educación relacionados con Compostela, entre os que destacan as obras do novo instituto Ramón Cabanillas e da nova Escola Oficial de Idiomas.

Compartir: