TURISMO
Esta edición do concurso recibiu 117 guións procedentes de distintos puntos de España como Madrid (dende onde se presentaron 32 guións) e Galicia (que presentou 25) e de autores españois que residen fóra das nosas fronteiras en países como Suecia e Francia.
La princesa Alegría rodarase no mes de xullo cun orzamento de ata 40.000 euros. Combinará imaxe real e animación e estará lista para ser estreada na Gala de Entrega de Premios que clausurará a V edición de Curtocircuíto o 24 de outubro.
O obxectivo de Compostela Plató é mostrar Santiago ao resto do mundo a través do audiovisual promovendo a capital galega como o plató ideal no que rodar todo tipo de historias.
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou ao gañador acompañado polo propio autor, Daniel Utrilla; Manolo González, director da Axencia Audiovisual Galega; e Mamen Quintas, directora de produción de Curtocircuíto e membro do xurado.
"La princesa Alegría", do madrileño Daniel Utrilla, gaña o concurso Compostela Plató
25/06/2008 Desvelouse o gañador de Compostela Plató, o concurso de guión organizado polo Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. Trátase de La princesa Alegría, do madrileño Daniel Utrilla.
La princesa Alegría narra a historia dunha escritora de contos infantís na que se mestura o drama da vida real ca fantasía dos contos de fadas. É unha fábula sobre a amizade, a vida e a aceptación dun mesmo.Esta edición do concurso recibiu 117 guións procedentes de distintos puntos de España como Madrid (dende onde se presentaron 32 guións) e Galicia (que presentou 25) e de autores españois que residen fóra das nosas fronteiras en países como Suecia e Francia.