EDUCACIÓN

Sorteadas as doce prazas do Concello para participar no programa "Vivir Zaragoza"

25/06/2008 Nun acto celebrado no Salón de Plenos de Raxoi, elixíronse mediante sorteo os doce nenos e nenas de 10 a 14 anos que participarán no programa "Vivir Zaragoza". Estas prazas son as que corresponden ao Concello dentro desta iniciativa, convocada pola Deputación da Coruña.

Os elixidos visitarán Zaragoza do 15 ao 19 de xullo, nun programa que lles permitirá coñecer os monumentos e museos máis importantes da cidade, ademais da Exposición Universal. Todas as actividades incluídas no programa non suporán desembolso algún para os participantes, agás a cota de inscrición, que é de 85 euros.

Documentos relacionados



Compartir: