URBANISMO

Concedida a licenza de construción e apertura para o centro comercial das Cancelas

23/06/2008 A Xunta de Goberno acordou a concesión da licenza municipal de construción e apertura do edificio no que se levantará o futuro centro comercial das Cancelas. O custo do proxecto é de 34 millóns de euros.

O edificio conta con dúas plantas de soto, con superficies de 38.908 e 38.393 metros cadrados, respectivamente. A planta baixa, na que se situará o hipermercado e tendas, ten unha superficie de 29.330 metros cadradas. A primeira planta, con 23.295 metros cadrados, dedicarase preferentemente a comercios, mentres que a segunda, de 22.668 metros cadrados, terá instalacións de ocio e restauración, entre elas cines e unha boleira.

Habilitarase un aparcadoiro subterráneo con capacidade para 2.100 vehículos e outro en superficie con outras 250. O edificio ocupa 24.640 metros cadrados dunha parcela de 48.363 metros cadrados nas Cancelas.

O Goberno local tamén concedeu unha licenza para o acondicionamento e apertura dun balneario nas instalacións do Hotel Puerta del Camino, na rúa Miguel Ferro Caaveiro.

Compartir: