MULLER

Campaña en prol do reparto das tarefas domésticas

18/06/2008 A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou a campaña "Igualmente diferentes, espazos compartidos", nun acto celebrado no Colexio San José de Cluny.

Esta campaña quere fomentar e difundir os valores positivos da corresponsabilidade e do reparto de tarefas domésticas e ocio entre homes e mulleres, como principio fundamental da igualdade de xéneros e a xustiza social. Inclúe a difusión de diverso material informativo coas mensaxes da campaña: carteis, dítpicos, discos voadores, bolsas e rompecabezas. Repartiranse nos centros escolares cando comece o novo curso en setembro.

Esta iniciativa está baseada no traballo realizado polo alumno Ángel Jorge Iglesias, de 1º da ESO do Colexio San José de Cluny, gañador do Concurso de Ideas sobre a corresponsabilidade familiar na realización das tarefas domésticas, convocado polo departamento de Muller no mes de marzo e subvencionado pola Deputación da Coruña.

Este era un certame dirixido a alumnos do primeiro ciclo da ESO e pretendía que reflexionaran sobre o reparto de tarefas no fogar. O debuxo gañador representaba a unha parella compartindo as tarefas domésticas: el tendendo a roupa e ela cociñando. A continuación observábase como esa parella disfrutaba do seu tempo de ocio.

Compartir: