DEPORTES

Parabéns do alcalde para o Cidade de Santiago

16/06/2008 A directiva, o cadro técnico e os xogadores do club Cidade de Santiago foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, un día despois de conseguir o ascenso á Segunda División B.

O alcalde felicitou ao club compostelán pola súa excelente temporada, na que obtivo o título na Terceira División. O seguinte paso era lograr o ascenso á Segunda División B, obxectivo que conseguiu tras superar dúas eliminatorias, fronte ao Monzón primeiro e o Almansa despois.

O propio Sánchez Bugallo e varios concelleiros presenciaron o domingo 15 o partido decisivo en San Lázaro. Tras o triunfo por catro goles a dous, o club celebrouno na Praza Roxa e no Castiñeiriño, de onde é orixinario. E despois da festa, momento para o recoñecemento da cidade a través desta recepción municipal.

Compartir: