ALCALDÍA

A revista "Capital" premia ao Consorcio pola súa contribución ao desenvolvemento da cidade

11/06/2008 O Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto de entrega dos premios outorgados pola revista Capital. O Consorcio da Cidade de Santiago foi premiado na categoría de institucións.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu este acto, co que a publicación galardoou ao Consorcio polo seu compromiso como institución co desenvolvemento e vertebración da cidade. Faise especial mención ao seu traballo na rehabilitación do casco histórico e ao seu fomento da "cultura do mantemento, optimizando os recursos públicos".

Tamén polo seu compromiso foi premiado o Grupo Correo Gallego. Noutra categoría, a de proxectos e obras histórico-culturais que contribúen á transformación da cidade, resultou premiada a Universidade de Santiago. Tamén houbo un recoñecemento especial á Catedral e un accésit para o Museo do Pobo Galego. No eido empresarial os premios foron para Urovesa, como empresa con máis proxección de futuro, e para Finsa e Televés, pola súa traxectoria empresarial na cidade.

Compartir: