MOCIDADE

O certame "Músicaxove’08" prepara os seus concertos finais

09/06/2008 A Xunta de Goberno aprobou un orzamento de 7.168 euros para os concertos finais do certame "Músicaxove`08, de grupos musicais dos locais municipais de música para a mocidade de Compostela.

Neste certame participan 25 grupos dos locais municipais e outros integrantes da Rede Galega de Locais de Ensaio. Para o desenvolvemento da fase final do certame realizaranse tres concertos na Sala Capitol, os días 13, 20 e 27 de xuño, a partir das 22:00 horas, con entrada libre e de balde.

Actividades de verán no Ensanche
Tamén se deu o visto bo a un orzamento de 3.491 euros para as actividades de verán destinadas á mocidade no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. Realizaranse diversos cursos: iniciación ás curtametraxes, fotografía dixital, fotografía co móbil, creación de blogs e creación de foros.

Compartir: