EDUCACIÓN

Vinte e catro cidades españolas debaten en Santiago sobre educación e patrimonio

05/06/2008 Organizada pola Concellería de Educación de Santiago de Compostela e o Institut d’Educació do Concello de Barcelona, a nosa cidade acolle o 5 e o 6 de xuño as VI Xornada do Grupo de Traballo da Rede Temática pertencente á Rede Española de Cidades Educadoras (RECE).

Neste encontro de traballo, que se desenvolve no Auditorio de Galicia e concluirá o venres 6, participan especialistas e representantes de 24 cidades de toda España, cun temario comprendido nos seguintes tres epígrafes: "Cidade, educación e valores patrimoniais", "A cidade educadora, un espazo para aprender a ser cidadáns" e "Aprender en, de e para a cidade".

O venres 6, ás 11.45 h. no pazo de Raxoi, o alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo recibirá á concelleira de Educación do Concello de Barcelona, Montserrat Ballarín, acompañada da Concelleira de Educación do Concello de Santiago, Guadalupe Rodríguez Silva. De seguido manterán un encontro cos medios de comunicación.

Ás 12.30 h., Montserrat Ballarín, na Sede da Fundación Caixa Galicia, ofrecerá unha conferencia sobre "A cidade educadora como escenario de experiencias de educación patrimonial". O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, saudará aos participantes neste acto antes do inicio do mesmo.

Compartir: