EDUCACIÓN

Aprobadas as listas provisionais para as escolas infantís de Conxo e de Fontiñas

02/06/2008 A Xunta de Goberno local deu o visto bo ás listas provisionais de admisión e de espera nas escolas infantís municipais de Conxo e de Fontiñas para o curso 2008-2009.

Estas listas provisionais estarán expostas no taboleiro xeral do Concello de Santiago e na Concellería de Educación. Os solicitantes que o desexen poderán efectuar as reclamacións, debidamente documentadas, que consideran oportunas, no prazo de dez días dende a data de publicación da relación provisional.

Tamén no ámbito da Concellería de Educación, aprobouse a proposta de actividades da Escola Municipal de Verán, que se celebrará do 23 ao 27 de xuño e do 1 ao 5 de setembro. A concelleira de Educación presentará en breve o calendario de actividades, que contan cun orzamento de 18.000 euros.

Outras actividades, as de Ferradura Aberta, volverán a celebrarse no verán de 2008. Así, a Xunta de Goberno acordou iniciar o expediente para a contratación do desenvolvemento deste programa, para o que se destinarán 51.000 euros.

Subvención para a Escola Municipal de Música
Finalmente, o Goberno local acordou solicitar á Consellería de Educación unha subvención de 32.000 euros para o mantemento da Escola Municipal de Música.

Compartir: