FUNDACIÓN GRANELL

A exposición "Xungla Caribeña" do holandés Rik Lina permanecerá aberta ata o 10 de setembro

01/09/2005 Esta mostra individual do autor holandés Rik Lina enmárcase dentro do cliclo de surrealismo internacional co que a fundación pretende dar a coñecer o corpus estético do surrealismo.

A obra recollida nesta exposición abrangue un total de trinta e catro pezas realizadas entre 1975 e o ano 2004 con diferentes técnicas. Os visitantes tamén poderán coñecer distintas publicacións dos grupos Nuevos Cobra e do Colective Automathic Paiting de Ámsterdam así como de outras publicacións que fan referencia ao artista da presente mostra.

Unha das carácterísticas máis salientables da súa obra é a cor. Este artista está influido polo autor cubano Wilfredo Lam quen crea una nova gama cromática que aporta á súa obra unha nova dimensión. Como herdeiro deste autor e como a maioría dos artistas surrealistas, as creacións de Lina non se suscriben só á plástica senón que a súa arte amósase tamén na literatura. Na pintura e na poesía o artista holandés une a historia da humanidade coa de outros seres vivos.

Lina é moi coñecido no seu país por ser o fundador do grupo Nuevos Cobra de Ámsterdam, no que participan pintores europeos e latinoamericanos, e do Coletive Automathic Paiting. Hai que salientar a súa participación no grupo surrealista Phase, a súa intervención nas exposcións Lateinamerika und der Surrealismos realizada en Bochumen en 1993 e Surrealismo e modernidade do Grupo Phases do Cono Sur em Sao Paulo en 1998. Rik Lina tamén escribiu libros de poesía como Soleil Noir, Fleu.

Compartir: