CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural de "Aurelio Aguirre" celebra a XX Semana Cultural de Conxo

05/09/2005 Con motivo da vinteava edición da semana cultural do barrio de Conxo o centro "Aurelio Aguirre" desenvolverá diversas actividades desde o lunes 5 ao venres 10 de setembro.

A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, será a encargada de inaugurar o luns 5 ás 19.30 horas a XX Semana Cultural do barrio de Conxo. Tras a presentación, os asistentes poderán disfrutar dun recital poético de mulleres e da actuación das mozas pandereteiras de Conxo e do grupo de baile e danzas Cantigas e Agarimos, xunto ao grupo de baile tradicional "Aurelio Aguirre".

O centro sociocultural programou para eses días toda unha serie de actividades das que poderán disfrutar persoas de todos os grupos de idade. Así, os máis pequenos participarán en obradoiros de elaboración de bixutería, nos talleres de hip-hop e techno e nos xogos interactivos por ordenador, e tamén nos campionatos de tenis de mesa, xadrez ou dardos. Para os máis maiores está programado un campionato de xogos de mesa.

Ademais, celebraranse conferencias dirixidas a pais e educadores sobre os trastornos alimentarios e obradoiros para mozos de prevención de accidentes e primeiros auxilios.

Todos os que se acheguen ao cento sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo poderán ver a exposición fotográfica de Javier Iglesias titulada "Mulleres".

Compartir: