CULTURA
O clube da calceta está protagonizada por seis mulleres moi distintas entre si que se atopan día a día nunha sala onde reciben clases de calceta. Cada unha delas áchase nun intre decisivo das súas vidas, a piques de rachar. O encontro das seis donas serve para que converxan as súas frustracións, mais tamén para a súa toma de conciencia da necesidade imperiosa de cambiar as súas vidas.
Laura Ponte, unha das actrices protagonistas, falou na presentación da obra da súa personaxe, Anxos, pertencente a "unha xeración revolucionaria, a dos setenta, que, logo de loitar contra o franquismo atopou acomodo. O home de Anxos decidiu deixar os manuais do Marxismo polos traxes de Adolfo Domínguez", o que provoca a frustración da muller. Segundo sinalou a actriz, as seis personaxes responden a outros tantos arquetipos de mulleres insatisfeitas na relación coas súas respectivas parellas e coa sociedade en xeral.
Unha historia actual
Laura Ponte lembrou que o machismo descrito na obra é "perfectamente extrapolable á sociedade contemporánea onde, sen ir máis lonxe, na profesión de actriz ser muller diminúe as posibilidades de traballo, e non digamos cando pasas dos corenta anos".
A compañía Teatro do Morcego é un espazo aberto para a creación teatral que ten convidado a importantes directores galegos e internacionais como Julio Cardoso, Bernardo Galli, Ever Blanchet ou Xoán Cejudo. Dende a súa fundación en 1989 levan realizado máis de vinte espectáculos acadando numerosos premios.
Teatro do Morcego representa "O clube da calceta" no Teatro Principal
22/05/2008 O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou a obra O clube da calceta, que a compañía Teatro do Morcego porá en escena os días 23 e 24 de maio no Teatro Principal a partir das 21.00 horas. A peza é unha adaptación para o teatro da novela homónima de María Reimóndez.
O director de O clube da calceta, Celso Parada, salientou que, cando se decidiu a pór en escena a novela de María Reimóndez fíxoo "coa de terminación de respectar o espírito feminista da obra", materializado nunha linguaxe de rotundo enfrontamento ao machismo imperante na nosa sociedade.O clube da calceta está protagonizada por seis mulleres moi distintas entre si que se atopan día a día nunha sala onde reciben clases de calceta. Cada unha delas áchase nun intre decisivo das súas vidas, a piques de rachar. O encontro das seis donas serve para que converxan as súas frustracións, mais tamén para a súa toma de conciencia da necesidade imperiosa de cambiar as súas vidas.