CONSORCIO

O Consorcio aproba a encomenda de xestión do Concello para o mantemento dos enlousados da Cidade Histórica

20/05/2008 A Comisión Executiva do Consorcio aprobou a encomenda de xestión a favor do Concello para o mantemento dos enlousados do Casco Histórico. As actuacións de conservación iniciaranse a partir do mes de xullo e destinarase un orzamento de 150.000 euros. Para 2009, o investimento para estas tarefas de mantemento será de 300.000 euros.

Outro dos puntos abordados na reunión foi a aprobación dunha serie de subvencións para a rehabilitación de vivendas e, ademais, rendeuse conta das actividades e orzamentos do exercicio 2007.

A Comisión tamén avaliou varios estudos de novos proxectos, como a nova liña de axuda para o mantemento de edificacións que se ten previsto implantar en 2009, entre outros.

Compartir: