CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural de A Trisca prepara novas actividades para os próximos días.

01/09/2005 Unha excursión á Costa da Morte o 2 de setembro e xogos para os máis pequenos son algunhas das actividades que durante este mes organiza A Trisca.

Os participantes sairán ás 9.00 horas de Santiago e regresarán aproximadamente ás 21.00 horas, tras visitar o Faro de Fisterra e a Igrexa da Virxe da Barca en Muxía. A excursión ten un custo de 6,50 euros para os socios e 8 euros para os non socios dos clubes de maiores. O prezo non inclúe o xantar.

Por outra banda a partir do próximo luns, día 5, e ata o sábado, 10 de setembro, no Centro Sociocultural de A Trisca desenvolveranse xogos infantís para nenos e nenas de entre 3 a 6 anos de idade. Durante as mañás, desde as 10.00 h ata as 13.00 horas os nenos e as nenas xogaran, farán modelado, pintura, cancións e contos. Para participar nesta actividade, que é gratuíta, é necesario inscribirse previamente. O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de setembro.

No mes de outubro, os sábados pola mañá na aula de xogo do centro, retomaranse as actividades para os nenos e nenas de 3 a 6 anos.

No Centro sociocultural da Trisca (rúa Corredoira das Fraguas, nº 92, baixo), poderán obter máis información.

Compartir: