CONSORCIO

Harold Varmus, Premio Nobel de Medicina 1989, abre a edición 2008 do programa ConCiencia

20/05/2008 Unha das maiores autoridades científicas mundiais na investigación do cancro, Harold Elliot Varmus, abrirá en Santiago a edición de 2008 do programa ConCiencia, organizado pola Universidade de Santiago en colaboración co Consorcio e coa Fundación Caixa Galicia.

Varmus, na actualidade presidente do Memorial Sloan-Kettering Cancer Center de Nova York, ofrecerá o xoves 22 unha conferencia e o venres 23 reunirase con investigadores galegos do eido da oncoloxía. Ese mesmo día será recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Os actos en Santiago do Premio Nobel de Medicina en 1989 explicaranse o mércores, día 21, nunha rolda de prensa na que participarán o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o reitor da USC, Senén Barro; o director do Centro de Investigación Económica e Financeira da Fundación Caixa Galicia, Alberto Meixide; e o coordinador de ConCiencia e profesor da USC, Jorge Mira. O acto celebrarase ás 11:15 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Compartir: