TURISMO

Xornalistas brasileiros visitan Santiago

20/05/2008 Turismo de Santiago recibiu a oito xornalistas brasileiros que visitan a capital galega nunha viaxe de familiarización organizada en colaboración coa Oficina de Turismo Española de Sao Paulo.

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo reforza a promoción de Santiago de Compostela no mercado brasileiro cun press-trip no que participan oito destacados xornalistas dese país.

Os profesionais, que traballan para medios xeralistas como os xornais Jornal do Estado de Săo Paulo, o Correio Brazilienze de Brasilia, Mundo, Comercio Grande e a revista Verdemar, permanecerán na capital galega ata o 26 de maio para coñecer mellor os seus recursos turísticos, o seu carácter de meta do Camiño de Santiago e o seu valor como porta e entrada para visitar o resto de Galicia.

En Santiago participarán en visitas ao casco histórico, á arquitectura contemporánea e ás cubertas da Catedral, experiencias que trasladarán con reportaxes aos lectores dun mercado emerxente como o brasileiro, no que a peregrinación polo Camiño e a cidade de Santiago de Compostela gozan dunha soa crecente desde a publicación da novela O Peregrino: diario dun mago, de Paulo Coelho.

Ademais, por invitación do Padroado das Rías Baixas e do Concello de Lugo, os xornalistas visitarán tamén Cambados, Pontevedra, varias adegas da denominación Rías Baixas e zonas de turismo rural.

Compartir: