ALCALDÍA

Santiago terá listo o seu Plan Estratéxico á volta do verán

16/05/2008 Rematado o traballo do PXOM, a seguinte gran tema entre as prioridades do Concello será ter listo o Plan Estratéxico. Así o anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen apuntou que á volta do verán estará listo o Plan, cuxo documento de conclusións xa foi presentado.

As conclusións serán levadas ao Consello Económico e Social e á Comisión de Dirección do Plan Estratéxico, co obxectivo de que estas están plasmadas nun documento público final á volta do verán. Entón entrarase nunha segunda fase, que consistirá en articular o traballo para conseguir os obxectivos do Plan.

Os traballos finais do Plan Estratéxico son posibles rematados os do PXOM, do que en boa parte dependía o mesmo. Precisamente sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal, o alcalde estima para finais de xullo a aprobación definitiva. "Somos merecentes da aprobación definitiva", engadiu o alcalde a propósito do documento que se remitirá á Consellería de Política Territorial.

Compartir: