DEPORTES

Compostela acolle o Campionato de España Junior de Baloncesto Feminino

15/05/2008 A fase final do Campionato de España Junior de Baloncesto Feminino trae a Compostela aos doce mellores equipos españois desta categoría. A competición celebrarase do 20 ao 25 de maio no pavillón municipal de Santa Isabel.

O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, presentou esta competición, acompañado do presidente do Club Baloncesto Pío XII, Pedro Caldas, e do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, entidades organizadoras da mesma. Todos eles amosáronse confiados no éxito dun torneo que atraerá un bo número de público ata a cidade acompañando aos doce equipos.

Haberá catro grupos de tres equipos cada un, que se enfrontarán entre eles do 20 ao 22 de maio. Os dous primeiros clasificados de cada grupo pasarán a xogar eliminatorias entre eles. O venres 23 e o sábado 24 xogaranse as semifinais e, o domingo 25, terá lugar a gran final.

Documentos relacionados



Compartir: