UMAD

Os alumnos do Xelmírez I reflexionan sobre o fenómeno do botellón a partir dunha exposición fotográfica

15/05/2008 A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, a mostra fotográfica "Obxectivo: mocidade crítica", realizada polos alumnos do ciclo de Laboratorio da Imaxe do IES Xelmírez I en torno ao tema do botellón, a zona vella e a amizade. Acompañouna a directora da UMAD, Pilar Bermejo, e representantes do centro educativo.

Esta exposición fotográfica encádrase nunha iniciativa da UMAD sobre prevención do alcoholismo que se está a realizar no IES Xelmírez I. Así, convidouse aos alumnos do ciclo de laboratorio da imaxe a realizar un traballo visual atractivo no que puideran expoñer o seu punto de vista respecto ao fenómeno do botellón.

Unha vez completada a exposición, diferentes alumnos do centro visitarán a exposición xunto co profesorado, para logor xerar na aula un debate sobre o tema do botellón. As conclusións dos diferentes grupos faranse chegar a unha mesa de diálogo que se celebrará o 27 de maio. Na mesma, diferentes expertos e axentes sociais relacionados con este fenómeno do botellón responderán ás preguntas dos alumnos.

Nesta mesa de debate estarán, ademais dos alumnos, profesores, un técnico de prevención de drogodependencias, un médico, un representante político e outro dos hostaleiros.

Compartir: