CASCO HISTÓRICO

A Comisión Asesora do Casco Histórico aprobou o proxecto básico do Centro Sociocultural de Caixanova

13/05/2008 Na sesión ordinaria da Comisión Asesora do Casco Histórico, presidida polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobáronse diversas actuacións no ámbito da cidade histórica, Patrimonio da Humanidade, das que cabe salientar a aprobación do Proxecto Básico para a execución das obras do futuro Centro Sociocultural de Caixanova na praza de Cervantes.

Esta aprobación dá luz vede á presentación do proxecto definitivo, co que a entidade económica acometerá as obras definitivas de remodelación, restauración e rehabilitación do antigo edificio do Banco Gallego.

Outros asunto aprobados pola Comisión Asesora do Casco Histórico foron diversos cambios de fiestras no Hostal dos Reis Católicos, a creación de casetas e carpas para talleres de cantería na finca de San Martiño Pinario -a cargo do Consorcio da Cidade- e o arranxo de fiestras, cubertas e cambios de instalacións eléctricas no Colexio Fonseca da USC.

Compartir: