RELACIÓNS VECIÑAIS

Os veciños, os primeiros en coñecer a proposta definitiva do PXOM

13/05/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu no Auditorio de Galicia unha nova xuntanza do Consello de Relacións Veciñais, que nesta ocasión tiña un único punto na orde do día: o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Con esta reunión, o alcalde pretendeu que os representantes dos veciños de Santiago foran os primeiros en coñecer o documento final do PXOM que se presentará a Pleno e logo á Consellería de Política Territorial, coas modificacións e correccións feitas sobra a parte non aprobada inicialmente. Despois do debate na Comisión de Dirección do PXOM, Sánchez Bugallo explicoulles aos membros do Consello as principais modificacións respecto do Plan inicial, así como as xustificacións documentais introducidas naquelo que non se variou.

A proposta definitiva será debatida na sesión extraordinaria do Pleno municipal convocada para o xoves 15 de maio, ás 10:00 horas. Unha vez aprobada, será remitida á Consellería de Política Territorial, que dispón de tres meses para emitir o seu pronunciamento definitivo.

Compartir: