ALCALDÍA

Rusia amosa en Compostela unha visión da súa actualidade

12/05/2008 O embaixador da Federación Rusa en España, Alexander Kuznetsov, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

A visita enmárcase na estanza de Kuznetsov en Santiago, onde impartiu unha conferencia sobre "O papel de Rusia no concerto actual das nacións". Esta charla enmárcase nas actividades que completan a exposición "Rusia actual", que organiza a USC e que se inaugurou o luns 12 de maio na Facultade de Filosofía. A mostra presenta unha selección de fotografías propiedade da Axencia Ria Novosti, coa que se pretende ofrecer unha visión da Rusia actual: das súas xentes, paisaxes ou arquitectura.

Compartir: