TRANSPORTES
Así mesmo, Nieves vén de participar na constitución da Comisión da Bicicleta Pública de España, que tivo lugar o mércores 7 na sede da Empresa Municipal de Transportes de Madrid. O concelleiro aproveitou o encontro para formular os obxectivos deste sistema individualizado de transporte en Santiago, compartindo experiencias con outras cidades españolas como Madrid, Barcelona, Sevilla e Vitoria, entre outras.
O concelleiro de Transportes reclamou un papel protagonista da nosa cidade nesta comisión, e formulou a posibilidade da creación doutras figuras organizativas, tales coma un club de cidades con bicicletas, un modelo que xa existe en Francia, ou unha rede de cidades con bicicleta pública.
Santiago participa na constitución da Comisión da Bicicleta Pública de España
08/05/2008 O concelleiro de Transportes e Mercados, Carlos Nieves, interviu no 15º Congreso do transporte urbano e metropolitano, que se está a celebrar en León. Os participantes do evento están a tratar e debater eixes temáticos como "O cliente e a calidade, "A empresa e a calidade" ou "O papel das administracións no transporte urbano".
Neste congreso, o concelleiro presentou as 3ª Xornadas do transporte metropolitano, que terán lugar en Santiago de Compostela os días 12 e 13 de xuño e onde se abordará a figura do Consorcio de Transporte.Así mesmo, Nieves vén de participar na constitución da Comisión da Bicicleta Pública de España, que tivo lugar o mércores 7 na sede da Empresa Municipal de Transportes de Madrid. O concelleiro aproveitou o encontro para formular os obxectivos deste sistema individualizado de transporte en Santiago, compartindo experiencias con outras cidades españolas como Madrid, Barcelona, Sevilla e Vitoria, entre outras.
O concelleiro de Transportes reclamou un papel protagonista da nosa cidade nesta comisión, e formulou a posibilidade da creación doutras figuras organizativas, tales coma un club de cidades con bicicletas, un modelo que xa existe en Francia, ou unha rede de cidades con bicicleta pública.