FESTAS

A Festa dos Nenos ofrece descontos do 50% nas atraccións da Alameda

08/05/2008 A Concellaría de Festas de Santiago, en colaboración coa Asociación de Atraccións de Feira, invita a todos os nenos e nenas da cidade a gozar coas atraccións durante o venres, 9 de maio, na Alameda. Así finalizarán as actividades programadas no marco das Festas da Ascensión 2008.

Esta xornada, que xa se celebrou en 2007, ofrece descontos especiais do 50% nas atraccións instaladas no parque. Os máis pequenos poderán dar as voltas que queiran na noria, sufrir as subidas e baixadas do saltamontes ou incluso probar sorte no Top Flip. Os menos arriscados poden optar por pasar a tarde nos coches de choque, no dragón ou colchonetas inchables.

Compartir: