FESTAS

A décima edición da Festa dos Maiores reunirá a 2.000 persoas no recinto feiral de Amio

02/05/2008 A partir das 13:00 horas do sábado 3 comezará a décima Festa dos Maiores. Unhas 2.000 persoas congregaranse no recinto feiral de Amio para pasar un día agradable. Terán un espectáculo de cabezudos e un xantar a base de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro e tarta de Santiago. A continuación, e tras a sobremesa, bailarán ao ritmo da orquestra Nueva Moda.

As actividades programadas para o sábado 3 de maio comezarán as 9:30 horas, coa saída da terceira e última etapa da Volta Ciclista da Ascensión, que tras realizar o percorrido programado (Santiago-Ordes-Cerceda-A Silva-Carballo-Coristanco-Rus-Brión-Bertamiráns) chegarán de volta a Santiago ás 13:45 horas. Na mesma liña de meta, a avenida Xoán Carlos I, producirase a entrega de premios.

Ás 20:00 horas, na praza do Toural, os afeccionados á música coral poderán gozar cun concerto múltiple protagonizado por seis corais compostelás: Coral Polifónica Pontepedriña, Coral Polifónica Colexiata do Sar, Coral A Xuntanza, Coral Polifónica La Salle, Coral Alfaia e Coral Castiñeiriño. Cada unha delas interpretará dúas cancións habaneiras e outras dúas de temática libre. E para rematar, a orquestra Alcotan será a encargada de poñer o peche musical a esta xornada festiva.

Documentos relacionados



Compartir: