FESTAS

Máis de 2.000 persoas nunha animada X Festa dos Maiores

03/05/2008 Na súa décima edición, a Festa dos Maiores rexistrou un novo éxito, con 2.100 asistentes no recinto feiral de Amio.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo acompañar aos nosos maiores nunha festa que comezou ás 13:00 horas co desfile dos cabezudos. Logo, todos compartiron un xantar tradicional e, para rematar a festa, un baile amenizado pola orquestra Nueva Moda.

Compartir: