CULTURA

Ciclo de cinema mudo e música en directo no Principal

02/05/2008 O luns 5 de maio comeza o ciclo de Cinema Mudo organizado pola Concellaría de Cultura. O celebrouse por primeira vez en setembro de 2007 e tivo un grande éxito de público.

O Ciclo de Cinema Mudo desenvolverase do 5 ao 8 de maio no Teatro Principal, ás 21:00 h. As localidades poderán comprarse anticipadamente dende www.caixagalicia.es ou no teléfono 902 434 443. Na propio Teatro Principal estarán á venta a partires das 18:00 horas, sempre con un prezo único de 3 euros.

Os filmes que se poderán visionar e os músicos que os acompañarán serán estes:

FILMES

• LUNS, 5
o O Circo (The Circus), de Charles Chaplin (1928)´
Piano só.
70 minutos. Para todos os públicos.

• MARTES, 6
o A quimera do ouro (The gold rush), de Charles Chaplin (1925)
Piano e clarinete.
80 minutos. Para todos os públicos.

• MÉRCORES, 7
o O héroe do Río (Steam Boat Bill jr.), de Charles Freisner e Búster Keaton (1928)
Piano, clarinetes, guitarra e violencello.
72 minutos. Para todos os públicos.

• XOVES 8
o O Mozo (The Kid), de Charles Chaplin (1921)
Quintento e Director.
46 minutos. Para todos os públicos.

MÚSICOS

• Carles Robert.- piano, composición e dirección
• Igor Cortadellas, óboe e corno inglés
• Francesc Puig, clarinete en si, clarinete baixo e saxofóns
• José Luis Bieito, guitarra e harmónica
• Edurne Vila i Alonso, violín
• Gabrielle Deakin, violoncello
• Miquel Ángel Marín, clarinete en si bemol e clarinete baixo

Compartir: