ALCALDÍA

O alcalde e o presidente da Xunta tamén viviron o día da Ascensión

01/05/2008 Con motivo do Día da Ascensión, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, o recinto feiral de Amio, onde se celebrou o Concurso morfolóxico de cabalos de pura raza galega "Gran Premio Concello de Santiago".

Nesta visita, alcalde e presidente da Xunta estiveron acompañados polos concelleiros de Festas, Xosé Baqueiro, e de Mercados, Carlos Nieves. A continuación, mantiveron un encontro cos medios de comunicación, antes de dirixirse á Alameda.

Xa na carballeira de Santa Susana, Sánchez Bugallo e Pérez Touriño xantaron nas tradicionais casetas do polbo.

Compartir: