CULTURA
Tampouco hai que esquecer o Cultura Vai Circuito 4x4 do Teatro Principal, que acollerá as actuacións de Carmen Dor, Quempallou e ISGA Collective, ou o ciclo Espazos Sonoros, que traerá á cidade tres concertos de Música Antiga e un de Outros Sons; ambos programas en colaboración coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura. Para pechar o programa musical, os concertos de abono da Real Filharmonía de Galicia, os da Banda Municipal de Música de Compostela, o Compostela Organum Festival e os concertos de Extremoduro, o día 23 no Multiusos de Sar, ou Os rapaces do coro, o 24 no Auditorio de Galicia.
Cinema, teatro, letras e moito máis
A sétima arte tamén atopa o seu oco neste programa cultural, destacando o ciclo de Cinema Mudo con Música en Directo, que traerá catro filmes da etapa silente -tres de Charles Chaplin e un de Buster Keaton- ao Teatro Principal entre os días 5 e 8 de maio, acompañados de diferentes músicos en directo. Outro ciclo salientable discorrerá entre os días 12 e 16 do mes, cunha mostra de cinema cubano contemporáneo no Teatro Principal, organizada en colaboración co Consorcio Audiovisual de Galicia. Ademais, celebrarase o ciclo Cinemas Dixitais, que durante todo o ano levará distintos documentais aos centros socioculturais doa cidade.
O teatro e a danza tamén estarán presentes coa actuación de Teresa Nieto e Compañía no ciclo SCQ Danza co espectáculo Ni palante ni patrás (no hay manera, oiga...) e as postas en escena de O club da calceta, de Teatro do Morcego, e a Historia do Soldado de Bengala Procucións, ambas no Teatro Principal e ambas tamén dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Ademais, desenvolverase o ciclo Letras Vivas, de promoción da lectura, coa participación de contacontos, e títeres nos Centros Socioculturais de Vite, O Castiñeiriño, A Trisca, Laraño, O Ensanche e As Fontiñas,.No campo das artes plásticas é de destacar a inauguración na Zona "C" dunha nova, desta volta a cargo do mozo compostelán Manuel Eirís, quen gañou o premio do xurado e do público do V Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2007.
Unha programación cultural ampla e de calidade para o mes de maio
30/04/2008 O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou no Pazo de Raxoi a programación cultural de Santiago para o mes de maio. A axenda cultural vai ser particularmente extensa, salientado os concertos de Laurie Anderson e Michael Nyman e a actuación de Teresa Nieto no ciclo SCQ Danza, así coma o Ciclo de Cinema Mudo e Música en Directo.
Dous eventos musicais destacan por riba dos demais debido á sona internacional do seus protagonistas. Por un lado, a polifacética artista Laurie Anderson actuará o 16 de maio no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Sons da Diversidade. Ese mesmo dia, no Multiusos do Sar, o compositor Michael Nyman ofrecerá un concerto que se prevé multitudinario. Mais a axenda musical do mes atopa moitas outras citas de interese. O II Ciclo Revelando Voces destinado á promoción de músicos mozos celebrará nos vindeiros 31 días ata 8 concertos coas actuacións de Détour, S.A.R., Héctor Lorenzo, Miguel Alonso, Loli Nogueira, Ataque Escampe e O Leo i Arremecághona!!!.Tampouco hai que esquecer o Cultura Vai Circuito 4x4 do Teatro Principal, que acollerá as actuacións de Carmen Dor, Quempallou e ISGA Collective, ou o ciclo Espazos Sonoros, que traerá á cidade tres concertos de Música Antiga e un de Outros Sons; ambos programas en colaboración coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura. Para pechar o programa musical, os concertos de abono da Real Filharmonía de Galicia, os da Banda Municipal de Música de Compostela, o Compostela Organum Festival e os concertos de Extremoduro, o día 23 no Multiusos de Sar, ou Os rapaces do coro, o 24 no Auditorio de Galicia.