MEDIO AMBIENTE E CULTURA

As concellarías de Cultura e de Medio Ambiente colaboran no proxecto "Auga en Etiopía"

28/04/2008 A Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel e a Concellaría de Cultura colaboran na iniciativa Auga en Etiopía, que se celebrará en Compostela nos meses de maio e xuño.

O proxecto, que está coordinado por Implicadas no Desenvolvemento, presentouse no Clube Internacional de Prensa. Na presentación participaron a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos; Carme Orgeira, subdirectora xeral da Promoción da Igualdade da Vicepresidencia da Xunta; Virgínia Rodríguez, secretaria xeral de ADEGA; e María Reimóndez Meilán, presidenta de Implicadas no Desenvolvemento.

Este programa de actividades, de carácter multidisciplinar, terá como punto final, o sábado 7 de xuño, o acto "O camiño da auga", unha peregrinación simbólica polas rúas de Santiago no que mulleres do mundo da política, da cultura e do deporte de Galicia (como a escritora Rosa Aneiros; a actriz e produtora Mabel Rivera; a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo; a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán; a directora xeral para o Deporte, Marta Souto; ou a concelleira de Medio Ambiente,Elvira Cienfuegos) cargarán cos colectores de auga que levan as mulleres en Etiopía como un xesto de solidariedade co que visibilizar o problema.

Documentos relacionados



Compartir: