MERCADOS

Mercagalicia pecha o primeiro trimestre do ano cun beneficio de 18.000 euros

25/04/2008 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración de Mercagalicia. A sociedade rexistrou no primeiro trimestre do ano un beneficio de 18.000 euros.

Ademais de analizar as cifras económicas dos primeiros meses do ano, o Consello analizou un informe da Xerencia da sociedade e aprobaron a acta da sesión anterior, na que se presentara o balance de perdas e ganancias do ano 2007, no que o beneficio neto fora de 76.248 euros.

Compartir: