ALCALDÍA

O Concello plasmará nun convenio a súa colaboración coa Fundación Amigos de Galicia

24/04/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse con representantes da Fundación Amigos de Galicia, encabezados polo seu presidente, Jesús Busto Peteiro.

Na xuntanza falaron da colaboración entre o Concello e esta entidade, que realiza unha importante tarefa social, que nun futuro podería plasmarse a través dun convenio. Na reunión tamén participou a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín.

Nada en 1987 baixo o nome de Asociación Gastronómica e Cultural "O Grelo", a Fundación Amigos de Galicia desenvolve na actualidade un incesante labor de promoción cultural, do idioma, a da gastronomía e de axuda aos colectivos máis necesitados de Galicia e da emigración. Conta cuns 700 colaboradores, que traballan para atender día a día a varios centos de familias das catro provincias.

Compartir: