ALCALDÍA

O Consello Económico e Social únese ao entusiasmo pola presenza de Compostela en Shanghai 2010

23/04/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse cos membros do Consello Económico e Social para explicar e intercambiar pareceres sobre a presenza de Santiago de Compostela na Expo Shanghai 2010.

Os membros do Consello manifestáronlle ao alcalde o seu apoio a esta participación, que consideran unha honra e unha oportunidade para a cidade. O rexedor recordou que a candidatura de Santiago leva o título de "Protección e uso do patrimonio histórico", unha reflexión conceptual arredor da cidade na Área de Boas Prácticas Urbanas. Compostela estará en China baixo o lema "a cidade histórica como modelo para o futuro" nun pavillón xunto cun exclusivo grupo de cidades de todo o mundo.

Como integrante do Consello Económico e Social, o reitor da USC, Senén Barro, dixo que "Shanghai 2010 será o asentamento definitivo de Santiago de Compostela como una das cidades modelo para un mundo que se adentra no século XXI".

Doutra banda, Manuel Caeiro, membro da Confederación de Empresarios de Galicia, considera que a presenza de Santiago en Xangai 2010 é "unha oportunidade de publicidade para todos que encaixa coa idea de iniciativa que temos desde a empresa" e manifestou o seu apoio á "implicación de todos para que Santiago nos represente como capital, apoiada e respaldada polas catro provincias galegas".

Os integrantes do Consello Económico e Social son:

• F. Javier Castiñeira Izquierdo, Secretario Xeral da Corporación Municipal.
• José Luis García Bello, Xóvenes Agricultores.
• Manuel da Cal Vázquez, Secretario de Comisións Labregas.
• Roberto García González, Secretario Xeral de Unións Agrarias.
• Concepción Trasande Sorey, Secretario Xeral de CC.OO de Santiago. Manuel Bello Rey, Presidente da A. Compostela Monumental.
• Antonio Fontenla Ramil, Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
• Jesús Asorey Carril. Presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación
• Jesús Chenel Noya. Presidente da A. de Empresarios Industriais.
• José Oreiro Lameiro, presidente de Acotes.
• José Antonio Liñares Bar, Presidente de Hospedaxe.
• Jesús Sordo García, Presidente da Asociación de Empresarios de Restauración.
• Anxo Noceda Carballo da Confederación Intersindical Galega.
• Senén Barro Ameneiro Rector da Universidade de Santiago
• Antonio García Vázquez, Secretario Comarcal U.X.T.
• Luis Caramés Director Plan Estratéxico
• Cecilia Sierra Rey, polo Grupo Municipal Popular.
• Gerardo Conde Roa, Grupo Municipal do PP. Concello.
• Mercedes Rosón Ferreiro, polo Grupo Municipal Socialista.
• Andrés Fariña Cadenas, Vicepresidente.
• Néstor Rego Candamil polo Grupo Municipal do B.N.G

Compartir: