BENESTAR SOCIAL

Entréganse os premios do Concurso de ideas sobre corresponsabilidade familiar nas tarefas domésticas

23/04/2008 O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acollerá o xoves 24 de abril, ás 11:15 horas, a entrega de premios do Concurso de ideas sobre corresponsabilidade familiar nas tarefas domésticas, convocado pola Concellería de Benestar Social e Muller. Este é un certame dirixido a alumnos do primeiro ciclo da ESO e pretende que reflexionen sobre o reparto de tarefas no fogar.

O cartel gañador, realizado baixo o lema "¿como se deben repartir as tarefas domésticas dentro da familia?", será o motivo do material que se elabore para a realización dunha campaña sobre este tema que realizará o Concello co financiamento da Deputación da Coruña.

Ademais, o gañador recibirá un agasallo e o seu centro 1.000 euros para actividades educativas ou culturais. O segundo clasificado, ademais do obsequio, contribuirá cun lote de libros para o seu centro. Con todos os traballos farase unha exposición.

Compartir: