ALCALDÍA

Compostela quere ser sede dun congreso internacional de xornalistas en 2010

22/04/2008 A directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán. Na xuntanza, os xornalistas explicáronlle a Sánchez Bugallo as actividades que a entidade ten previstas para os vindeiros meses e o avance dalgunhas máis a longo prazo.

En particular, a APSC ten en mente diversas actividades con motivo da celebración en 2010 do Ano Xacobeo. A principal é a organización na cidade dun congreso internacional de xornalistas, en colaboración coa Asociación de Periodistas Europeos, presidida por Diego Carcedo. O alcalde amosouse moi receptivo a esta idea, así como tamén á creación dun premio xornalístico que levará o nome de Raimundo García Domínguez "Borobó".

A Asociación da Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), conta xa con 68 anos de historia e agrupa aos xornalistas que desenvolven o seu labor profesional no ámbito de Santiago de Compostela e a súa comarca. Está integrada na Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE).

Compartir: