ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao ministro de Transportes de Uruguai

21/04/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao ministro de Transportes e Obras Públicas de Uruguai, Víctor Rossi.

No encontro, ambos falaron da colaboración entre Compostela e Uruguai, que se manifesta en diversos ámbitos, sobre todo en relación cos residentes ausentes composteláns. O ministro uruguaio estivo acompañado polo embaixador de Uruguai en España, Ricardo Gónzalez, e polo cónsul xeral, Gonzalo Koncke.

Compartir: