INFRAESTRUTURAS

Obras en diversos vieiros por máis de 700.000 euros

21/04/2008 O Goberno municipal acordou iniciar os expedientes de contratación de ata seis obras de mellora noutros tantos vieiros do municipio. Esta actuacións, incluídas no Plan de Obras da Deputación da Coruña, supoñen un investimento de 700.690 euros.

Entre estas obras destacan as de pavimentación do núcleo da Silvouta e dos seus accesos, cun tipo de licitación de 181.851 euros. Tamén se fará un importante investimento, 152.661 euros, nas obras para dotar dunha nova capa de rodadura á rúa do Tambre. En ambos casos o prazo de execución é de dous meses. Preto desta última rúa, acometerase outra actuación, de reforzo do firme da vía pública entre Mercagalicia e A Gracia, un tipo de licitación de 134.043 euros e un prazo de mes e medio.

As outras tres obras previstas son as da nova capa de rodadura en Rebordaos-Son de Abaixo (119.803 euros); as de reforzo do firme na vía entre Carballal, en Villestro, e Codesedas, en Figueiras ( 111.562 euros) e as de reforzo do firme entre Camiño dos Vilares e a rúa do Tambre (100.770 euros).

Cesión de estradas
Tamén no ámbito das infraestruturas viarias, a Xunta de Goberno deu conformidade á proposta da Comunidade Autónoma de cesión ao concello de ata sete estradas, que supoñen uns 9 quilómetros en total.

Documentos relacionados



Compartir: