INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Resolto o contrato de execución das obras da nova sede dos bombeiros

21/04/2008 A Xunta de Goberno acordou resolver por causa imputable ao contratista o contrato de elaboración do proxecto básico e de execución e da dirección da obra da nova sede de bombeiros.

Esta decisión prodúcese unha vez coñecido o ditame favorable á proposta de resolución do contrato de consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto executivo e a dirección facultativa das devanditas obras. Os efectos da resolución contractual implican a incautación da garantía definitiva e a indemnización á Administración polos danos e prexuízos ocasionados no que excedan do importe desta. Ao obxecto de determinar os efectos económicos da resolución deberá elaborarse un informe técnico no que se determinen as cantidades que, conforme ao exposto, corresponda esixir ao contratista.

Ademais, tamén se resolve por mutuo acordo o contrato de execución das obras, procedendo á recepción e liquidación das executadas segundo ás instrucións do director da obra. Iníciase o procedemento para a declaración da prohibición de contratar a Alberto Noguerol del Río.

Resolto este contrato, o Concello procederá agora á redacción do proxecto definitivo para esta nova sede dos bombeiros e á adxudicación da súa realización.

Compartir: