ALCALDÍA

Créase a comisión que avaliará os proxectos gañadores do concurso de ideas da praza de Galicia

21/04/2008 A Xunta de Goberno aprobou a creación dunha comisión que avaliará os proxectos gañadores no concurso de ideas para a reordenación da Praza de Galicia. Esta comisión elaborará unha proposta, no prazo de dous meses, sobre a viabilidade das propostas gañadoras do devandito concurso.

A Comisión dirá cal das propostas é idónea para iniciar, de ser o caso, o procedemento para a redacción do proxecto de execución. Este órgano estará integrado por Mercedes Rosón, concelleira de Urbanismo; Bernardino Rama, concelleiro de Infraestruturas; Socorro García, concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica; Enrique Prado, xefe do Servizo de Programación e Proxección; e Javier Fernández, xefe do Servizo da Oficina de Rehabilitación. Actuará como secretaria Berta Rosón, directora da Área de Urbanismo e Infraestruturas. A comisión realizará as consultas que considere oportunas aos responsables municipais de Tráfico e de Transportes.

Os cidadáns poderán participar tamén neste proceso, achegando as súas suxestións a través desta páxina web.

Compartir: