COMERCIO

Autobuses gratuítos para asisitir a Compostela Outlet

18/04/2008 A organización fletará autobuses gratuitos para facilitar o desprazamento daquelas persoas que desexen asistir á segunda edición de Compostela Outlet, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo os días 26 e 27 de abril.

Os autocares, que terán unha frecuencia de media hora, realizarán o percorrido entre a praza de Galicia e o recinto feiral de Amio. Deste xeito poderanse adecuar aos horarios da feira de saldos, que abrirá as suas portas o sábado entre as 13.00 e as 21.00 horas; e o domingo, entre as 10.00 e as 21.00 horas.

O sábado 26 de abril está previsto que o primeiro autobús saia da praza de Galicia ás 12:30 horas. O último sairá do recinto feiral de Amio ás 21:00 horas. O domingo 27 de abril o primeiro autobús saia da praza de Galicia ás 9:30 horas. O último sairá do recinto feiral de Amio ás 21.00 horas.

Co obxectivo de difundir a este evento entre a cidadanía, estanse distribunido 1.000 carteis sobre Compostela Outlet 2008 en diferentes puntos da cidade e en establecementos comerciais, e está previsto repartir 20.000 folletos informativos a semana que vén.

117 establecementos comerciais formalizaron a preinscrición para participar en Compostela Outlet. II Feira do Comercio polo miúdo. Esta cifra representa un 50% de incremento sobre a primeira feira de saldos celebrada en 2007, na que participaron 78 comercios e pola que pasaron 15.624 persoas.

Compartir: