CULTURA

Compostela Máxica chega ao Hospital Clínico e aos centros especiais na súa penúltima xornada

17/04/2008 Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo terá o venres 18 de abril unha das súas xornadas máis especiais por levar a maxia preto daqueles que teñen máis problemas. Así, chegará aos centros especiais e ao Hospital Clínico para repartir gargalladas e ilusións en sitios onde son máis necesarias aínda.

Ás 11:00 horas, Jean Philippe e Cayetano Lledó actuarán no Centro da Barcia; mentras que ás 12:00 horas serán Miguelillo e Martín Camiña os que leven a súa maxia, desta vez ao Hospital Clínico. Xa ás 12:30 horas, Román García fará unha actuación especial no Colexio de Xordos.

Ademais, tamén o venres 18, o Auditorio abre as súas portas para celebrar a primeiras das dúas galas de peche desta II Semana Internacional do Ilusionismo. Será ás 21:00 horas nunha noite chea de espectáculo presentada por Luis Boyano. Na Gala participarán Luis Manuel, Johnny Lonn, Kiko Pastur, Arno, Vic & Fabrini e Rafael. O prezo da entrada é de 8 euros, cun 50% de desconto para estudantes e xubilados. A taquilla estará aberta de 12:00 a 14:00 e de 18:30 a 20:30 horas, media hora antes de que comece a Gala.

Compartir: