ALCALDÍA

Encontro do alcalde coa Asociación de Veciños de San Xoán de Fecha

15/04/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza cos integrantes da Asociación de Veciños de San Xoán de Fecha.

Na xuntanza, á que tamén acudiron os concelleiros de Infraestruturas e Relacións Veciñais, Bernardino Rama, e de Urbanismo, Mercedes Rosón, os veciños manifestáronlle ao alcalde as súas demandas en canto a melloras para a parroquia. Cuestións como a iluminación, os vieiros ou o saneamento estiveron sobre a mesa.

Compartir: