URBANISMO

Obras de urbanización en Santas Mariñas por algo máis dun millón de euros

14/04/2008 A unidade de xestión 16 de Santas Mariñas, entre a rúa Picaños e a propia rúa de Santas Mariñas, será urbanizada nun prazo de catro meses e por un importe de 1.046.820 euros. Así o acordou a Xunta de Goberno na súa última xuntanza.

Este ámbito de actuación comprende 12.022 metros cadrados, dos que 5.220 corresponden a vieiros, 1.700 a zonas verdes, 456 a usos dotacionais e 4.600 a edificación. Nesta última área construiranse 48 vivendas unifamiliares de baixo e unha planta.

En canto a obras de urbanización, tamén se adxudicaron as das unidades de actuación A e B de Penamaría, en San Lázaro, por importe de 204.125 euros e un prazo de execución de 3 meses.

Finalmente, deuse o visto bo definitivo ao expediente de expropiación do SUNP-12, en Lamas de Abade, tramitado por taxación conxunta, segundo o proxecto presentado por EMUVISSA o 8 de abril. Aprobouse tamén a parcelación.

Compartir: