ALCALDÍA

A Muíña conta cun novo espazo público con áreas para o lecer e o deporte

12/04/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou esta a praza da Muíña, situada en San Lázaro, un espazo de máis de 2.000 metros cadrados pensado para o desfrute de todos os veciños no que o Concello de Santiago investiu 150.835 euros.

Trátase dunha praza romboidal ubicada cerca da entrada a Santiago de Compostela polo Camiño Francés cunha superficie total de 2.030 metros cadrados. O acondicionamento da mesma realizouse pensando no uso de todos os veciños, polo que se proxectaron distintos ambientes.

A praza combina zonas de pavimento de adoquín e partes axardinadas nas que non se plantou ningunha especie vexetal xa que se mantiveron a maioría das árbores existentes. Acondicionáronse dúas zonas para xogos infantís: a primeira delas situada na parte central na súa zona oeste, está preparada para a práctica do deporte con canastras e porterías.

A segunda das áreas, no zona este, está pensada para o desfrute dos máis pequenos. Consta dun areeiro, con area de sílice especial para xogos infantís, dun equipamento de xogo múltiple e dun vaivén de 8 prazas. O mobiliario da praza complétase con bancos, papeleiras inoxidables e unha fonte de ferro.

Ubícase na zona urbana e aínda que nos accesos dominan as casas tradicionais adosadas unifamiliares, o entorno da praza atópase rodeado de edificios de tres alturas, conformando o centro do barrio, xa que neste enclave tamén se localiza o centro social.

Compartir: