COMERCIO

Comeza a segunda parte das conferencias sobre comunicación e innovación para o pequeno comercio

11/04/2008 A Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) acollerá entre o 14 e o 18 de abril a segunda parte do ciclo Conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo no marco do conxunto de actividades de Marzo, mes co Comercio. Este segundo bloque componse de cinco charlas gratuitas impartidas por expertos en cada unha das temáticas que se van abordar.

As Conferencias céntranse na publicidade, na comunicación e nas novas tecnoloxías. A Concellaría repartiu entre os/as comerciantes da cidade 3.000 dípticos co programa das xornadas, que tamén se pode consultar na web da Concellaría: www.maiscompostela.org. As cinco primeiras charlas desenvolvéronse entre o 10 e o 14 de marzo.

Con estas sesións, a Concellaría de Promoción Económica e Comercio responde á demanda do sector comercial de formación especializada en innovación e novas tecnoloxías, cada vez máis necesaria para mellorar a competitividade e modernizar o pequeno e mediano comercio. Esta demanda detectouse na Campaña de Difusión e Sensibilización cara a Formación, realizada entre o 28 de maio e o 15 de xuño do 2007, na que se visitaron 1.703 establecementos de Santiago. O horario das charlas, de 20:00 a 21:30 horas, escolleuse en función das respostas dos comerciantes, que maioritariamente sinalaron que o horario máis apropiado para a formación do sector é o de tarde-noite.

Compartir: